Inaugurase a exhibición de pancartas sobre inmigración na Illa de Arousa. Non faltes.

Amigas, xa temos o cartaz do obradoiro de pancartas/faixas sobre o tema da inmigración. Axiña poremos máis información. OBRADOIRO DE PANCARTAS SOBRE INMIGRACIÓN
ORGANIZA: CÍRCULO SILENCIO PONTEVEDRA
COLABORAN: ESCOLA DE PAU, CONCELLO DA ILLA DE AROUSA, A CASA BRANCA, YOSEBA_MP.
LUGAR: ESCOLA DE PAU- ILLA DE AROUSA
DATA: SÁB 25 E DOM 26 DE XANEIRO
Guiará o obradoiro o muralista @sebaspintandola.
Para chegar ata alí sairán varios coches dende Pontevedra, organizámonos entre todos;)
De balde. Trae se podes a túa pancarta en branco!
A idea é xuntarnos para facer pancartas sobre as causas do drama da inmigración irregular, que non son poucas, por iso agradecemos traer traballo pensado e traballado da casa, frases, imaxes impresas…
A acción farase de forma simultánea en Dakar, guiada polo maestro artesano Ben Mady Kidiéra e despois faremos unhna montaxe conxunta das fotos;)
Ao rematar exporemos as pancartas na rúa!!
Teléfono de contacto: 695945868 (Teresa)
Correo electrónico: circulosilencioponte@gmail.com

 

GRAZAS!!!

PRÓXIMA XUNTANZA DO CÍRCULO do SILENCIO primeiro venres de Outubro do 2025 AGARDÁMOSVOS!!!

NINGÚN SER HUMANO É ILEGAL

NIÑOS GAZA
Inauguración este domingo 9/2 ás 12 horas

Axúdanos a ampliar o círculo !

O obxectivo é poñer en coñecemento e denunciar unha situación de actualidade con sensibilidade.

A meirande parte das veces lese un manifesto coas denuncias ou noticias máis destacadas dos fluxos migratorios e os atrancos que os estados poñen ós mesmos.

 Trátase de poñer o foco e dar testemuño, a través dunha acción non violenta en solidaridade coas persoas migrantes.

O noso círculo está aberto á participación en calquera intre para todo aquel que desexe informarse ou animarse á contribuir á causa con pancartas, murais ou fotografías que axuden a visibilizar a situación.

CS_Cuando
Imagen-de-WhatsApp-2023-06-20-a-las-19.12.11a

Por que revindicar deste xeito?

O silencio é a nosa forma de solidariedade coa realidade, ás veces esquecida dos que sofren. Ó mesmo tempo que facemos un chamamento á conciencia do cidadán de Pontevedra sobre esta situación.

CS_Quienes-somos

Obxectivos

Unha sociedade máis xusta e concienciada para mirar a migración dende varios puntos de vista, e non só do europeo-receptor que saca proveito da man de obra sen querer atender ós aspectos sociais.

Queremos a implicación dos cidadáns de Pontevedra na loita pola humanización das políticas migratorias, para darlle voz a todos aqueles que non a teñen.

Polos dereitos de todos!

Pola visibilidade dos que non son visibles, agardámoste cada primeiro venres de mes, ás 20:30h, na Praza da Peregrina, Pontevedra.

[latest-selected-content ver="2" limit="3" display="title" titletag="h3" url="yes" image="medium" elements="26" css="three-columns as-column has-shadow hover-zoom light content-center" type="post" status="publish" taxonomy="category" orderby="dateD"]
Scroll al inicio