Círculo do Silencio. O Mural 2004.
Tal como se acordara na II Xornada de asilo e refuxio está pendente o mural colectivo. Ata o de agora o tempo non foi moi clemente pero os bocetos e a chegada da primavera danos pulo para poder rematar o mandado. Grazas pola colaboración.
O Círculo do Silencio é unha acción non violenta e de orixe pacífica, de solidariedade coas persoas migrantes, e de reivindicación dos dereitos de todas as persoas.
Defendemos a non violencia como o camiño a seguir e a descubrir, que poña sempre a conciencia por riba da lei.
O Círculo do Silencio é un movemento de base que está presente en moitos países e lugares de España fai xa algunhas decadas. Como corrente bebe do pacifismo, do cristianismo de base e do humanismo laico. En Pontevedra comenzou a súa andaina en decembro do 2016.
Por que revindicar deste xeito?
O silencio é a nosa forma de solidariedade coa realidade, ás veces esquecida dos que sofren. Ó mesmo tempo que facemos un chamamento á conciencia do cidadán de Pontevedra sobre esta situación.
Axúdanos a ampliar o círculo !
O obxectivo é poñer en coñecemento e denunciar unha situación de actualidade con sensibilidade.
A meirande parte das veces lese un manifesto coas denuncias ou noticias máis destacadas dos fluxos migratorios e os atrancos que os estados poñen ós mesmos.
Trátase de poñer o foco e dar testemuño, a través dunha acción non violenta en solidaridade coas persoas migrantes.
O noso círculo está aberto á participación en calquera intre para todo aquel que desexe informarse ou animarse á contribuir á causa con pancartas, murais ou fotografías que axuden a visibilizar a situación.
Obxectivos
Unha sociedade máis xusta e concienciada para mirar a migración dende varios puntos de vista, e non só do europeo-receptor que saca proveito da man de obra sen querer atender ós aspectos sociais.
Queremos a implicación dos cidadáns de Pontevedra na loita pola humanización das políticas migratorias, para darlle voz a todos aqueles que non a teñen.
Polos dereitos de todos!
Pola visibilidade dos que non son visibles, agardámoste cada primeiro venres de mes, ás 20:30h, na Praza da Peregrina, Pontevedra.
