Como o facemos?
Os primeiros venres de cada mes, xuntámonos na Praza de Peregrina, Pontevedra.
O tempo é básico, congregamos a persoas nun tempo acordado de media hora ata unha hora, onde todos permanecemos en respectuoso silencio.
Para que poidas atorparnos poñemos plafóns e pancartas para sinalizar o evento.
A meirande parte das veces lese un manifesto coas denuncias ou novas máis destacadas dos fluxos migratorios e os atrancos que os Estados poñen ós mesmos.
O noso círculo está aberto á participación en calquera momento para todo aquel que desexe informarse ou animarse á contribuír.
Queres participar?
O noso círculo está aberto tanto á participación de xeito puntual e espontánea, como a contribuír coas túas ideas, propostas pancartas, murais, fotografías ou calquera iniciativa que axude a visibilizar a situación.
Outras accións e actividades que realizamos
1 - Participación en foros galegos sobre a situación das migrantes e solicitantes de asilo, rutas, perigos, fenda nos dereitos humanos.
2 - Cine-debate sobre documentais e persoas implicadas nas fronteiras quentes do norte de África
3 - Colaboración con outras Asociacións do Terceiro Sector para a realización de actos conxuntos de rúa. Cáritas , Amnistía Internacional, Manos Unidas, e numerosas persoas sen adscripción que comparten os obxectivos do Círculo.
